do Mar, da Terra, do País
Nas mesas se respira o produto recén pescado, oense historias de maruxias e vento, de grandes capturas e noites disfrutando do firmamento sobre a area branca da Praia de Patos iluminada polo lume dunha queimada.
O’Druída abríu a súa casa no solsticio de verán do ano 2007. Iniciámolo noso camiño defendendo a calidade e a cercanía como señas de identidade.
Ofrecendo dende o principio un equilibrado menú do día con produtos de cada tempada e peixes da nosa ría. Combinados con pratos da cociña do país onde non fallan o cocido, callos e mariscos coma navallas, ameixas…
Vinculados ao mar e os seus produtos
A nosa esencia está fondamente ligada ao mar. Nas nosas mesas podes gozar do mellor peixe da ría acabado de capturar, e tamén compartir historias de maruxías, de mareas en altura , dos segredos da nosa costa , de brisas e ventos …. Cada bocado lévate polos sabores do noso mar , os nosos peixes e mariscos creando unha experiencia gastronómica única e inesquecible.
Cociña aberta ata as 23:30
Se buscas un lugar onde gozar dunha boa comida a calquera hora do día, estás no sitio axeitado! Podes vir a comer cando che apeteza, sen présas nin horarios estritos. Desde as 10:00 ata as 16:30 e das 20h as 23:30 h, a nosa cociña permanece aberta para ofrecerche sempre o mellor.
Menú diario de martes a venres
De setembro a xuño temos un menú variado, equilibrado, elaborado con produtos de tempada e do país. Ademáis no Menú sempre poderás disfrutar a nosa selección de peixes do día.
Ven xantar con nos e disfruta do aire puro da praia de Patos mentres disfrutas dun apetitoso manxar.
Información sobre alérxenos
No noso restaurante tomamos moi en serio a seguridade alimentaria dos nosos clientes. Por iso, informamos de que todos os nosos pratos poden conter ou ter estado en contacto con alérxenos comúns.
Dispoñemos de versións adaptadas dalgúns pratos para persoas con intolerancias ou alerxias específicas (glute, lactosa, froitos secos, etc.). Pregunta ao noso equipo polas opcións dispoñibles.
Máis Druída
Non é só xantar. En O Druída estamos comprometidos con facer comunidade, colaborando activamente con clubes deportivos coma o E.D. Val Miñor, o equipo Gondomar Fútbol Base, o equipo de Dunas Veteranos, o Clube de bolos de Gondomar… e coma tamén nos gusta a música non nos perdemos o Nigrán jazz, as Picnic Sesións, o Apertuke e o Festigal.
A nosa língua é o galego, polo que somos socios da Mesa pola Normalización linguística, formamos parte do proxecto Abertos ao Galego e somos suscriptores do NÓS Diario.
A base dos nosos productos é a nosa terra e o noso mar. Por iso somos conscientes de que debemos coidalo noso medio e da man de Lucenza-ateneo de Nigrán, impulsamo-lo galardón Fouce de Ouro , que premia a entidades que traballan na defensa do medio e do territorio.
Ven xantar con nós
Martes a Domingo: 10:00h – 23:30h
Cociña aberta ata as 23:30
Plaza Mario Puentes, 8. 36340 – Patos, Pontevedra
Plazas limitadas, fai a tua reserva
Proxecto financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
© Tapería O Druida 2025 | Aviso legal – Política de privacidade – Política de Cookies
